Recomendación 08/04/13

“A maxestosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. O mozo Nash, que de moi novo foi salvado dunha miserábel vida ns minas para se converter no sucesor do trono do Palacio Áureo, ve o seu destino truncado cando a familia real consegue concibir un herdeiro de sangue (…)”. Eis un pequeno fragmento da primeira parte da novela de Xosé Duncan, “As Crónicas de Bran. A revolta dos Mestres”, un apaixoante volume que nos traslada ás conflitivas e sombrías Terras de Alba. “A gran batalla está a piques de estoupar, mentres o Dragón Vermello segue a durmir nas profundidades”. Grandes aventuras, conspiracións e míticas batallas para encher de gloria unha novela trepidante.

“As Crónicas de Bran Vol. 1 (A revolta dos mestres)”. Xosé Duncan

Edita: Contos Estraños, 2012. PVP: 16 €