Recomendación 20/01/14

“A pantasma da Casa da Matanza” é o título do novo libro de Miro Villar, un fermoso volume para nen@s -e para @s que non o son tanto- ilustrado por Xosé Cobas e publicado por Biblos Clube de Lectores. O propio título xa nos sitúa nunhas coordenadas claramente marcadas: Rosalía de Castro, a súa vida, a súa alma, a súa poesía. Escrito en verso, a voz omnisciente semella querer situarnos ao pé da cama, nos último días da nosa Cantora. E dinos: “Rosalía aprendeume devagar/ os segredos da escrita do poema:
unha sílaba aguda vai sumar, /a esdrúxula restar, pensar bo tema
e nun branco papel todo apuntar”. Marabilloso.

“A fantasma da Casa da Matanza”. Miro Villar.

Edita: Biblos Clube de Lectores, 2013. PVP: 16 €

Unha reflexión sobre “Recomendación 20/01/14

  1. Pingback: As crebas » A pantasma da casa da Matanza, nas «Recomendacións» da libraría Á lus do candil

Os comentarios están pechados.