Merenda-presentación libro disco “A nena e o grilo nun barquiño”

Sábado 23 de marzo ás 19:00h

A nena e o grilo nun barquiño lévannos río abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capítulos, coas correspondentes cancións, continúan achegándose ó mundo dende a óptica dos nenos.

Coa edición preténdese estimular a curiosidad e a creatividade dos nenos, deixando para eles un lugar propio onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva.

Magín Blanco estará connosco presentando este fermoso libro-disco, ilustrado por Leandro Lamas.

Os nenos e nenas gozarán de boa música e dunha orixinal merenda acompañada de contos e cancións.

Vén viaxar connosco!

Concerto Presentación

Éste sábado 16 de marzo, ás 20:30h a libraría Á lus do candil vai acoller a presentación do proxecto de crowdfunding de cara o primeiro traballo discográfico de Nelson Quinteiro titulado “Orquesta Gharbo!”.

O acto será presentado por Tati Mancebo.

(Entrada libre a gratuíta)